Iniciar sesión

¿ Perdiches o contrasinal ? Recuperar contrasinal

Mensaje de error

  • Notice: Trying to access array offset on value of type int en element_children() (línea 6598 de /var/www/html/bdt/includes/common.inc).
  • Notice: Trying to access array offset on value of type int en element_children() (línea 6598 de /var/www/html/bdt/includes/common.inc).
  • Notice: Trying to access array offset on value of type int en element_children() (línea 6598 de /var/www/html/bdt/includes/common.inc).
  • Notice: Trying to access array offset on value of type int en element_children() (línea 6598 de /var/www/html/bdt/includes/common.inc).
  • Notice: Undefined index: disabled_javascripts en eu_cookie_compliance_page_build() (línea 306 de /var/www/html/bdt/sites/all/modules/eu_cookie_compliance/eu_cookie_compliance.module).
  • Deprecated function: implode(): Passing glue string after array is deprecated. Swap the parameters en drupal_get_feeds() (línea 394 de /var/www/html/bdt/includes/common.inc).
  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en _menu_load_objects() (línea 579 de /var/www/html/bdt/includes/menu.inc).

Código ético

Código Ético do BTL.

O banco do tempo baséase na boa fe dos integrantes, na súa responsabilidade e sinceridade, ademáis recoñece e alenta un servizo recíproco á comunidade de produtos e servizos a modo de troco. Baséase no principio de confianza e boa fe entre os seus usuarios.

  • a) A inscrición é gratuíta e o ámbito territorial de actuación do Banco do Tempo será a cidade de Lugo e os seus arredores.
  • b) Os intercambios non deberán ser nunca configurados nin asimilados a relacións de traballo autónomo e subordinado, ou susceptibles de contratación laboral.
  • c) A moeda de intercambio é o AELUX (moeda social e virtual cuxa equivalencia corresponde a 1 café =1 aelux).
  • d) Só poderán inscribirse no Banco do Tempo persoas maiores de idade e residentes en LUGO PROVINCIA autónomos, emprendedores ou empresarios. Para iso, deberán completar a ficha de inscrición.
  • e) A inscrición no Banco do Tempo só se considerará aceptada unha vez validada por AELU.
  • f) Cada variación producida nos datos persoais do usuario/a ou na oferta ou demanda de actividades deberá ser comunicada con antelación ao Banco do Tempo.
  • g) O usuario poderá causar baixa no Banco por decisión propia ou de AELU, se se percibe un incumprimento nas normas.
  • h) A responsabilidade sobre os servizos e a realización efectiva de cada intercambio que se leve a cabo é única e exclusivamente das persoas implicadas neste.
  • i) A firma deste Regulamento exime ao Banco do Tempo de LUGO de todo tipo de responsabilidade relativa aos danos ou prexuízos que puidesen producirse durante o exercicio dos intercambios do Banco do Tempo.
  • j) Os traballos realizados para o funcionamento do Banco do tempo, asimilaranse a un intercambio.
  • k) O contido da información solicitada sobre as persoas inscritas é confidencial e non está permitida a súa difusión para fins alleos a éste.
  • l) Mediante este documento asumo o compromiso de facer bo uso do Banco así como aceptar e cumprir todas as normas de funcionamento deste, que figuran neste Regulamento.
  • m) Autorizo mediante a firma deste Regulamento á Secretaría do Banco do tempo a utilizar a información e os datos contidos nesta ficha e no regulamento só para os fins específicos do Banco do Tempo.
  • n) As persoas integrantes do BTL LUGO teñen que cumprir os valores que son: respecto pola comunidade e non ter mala fe no seu uso.